miércoles, 29 de febrero de 2012

Curiosidades: Narváez; o espadón de Loja

Ramón María Narváez naceu en Loja en 1800 e foi o dominador da escena política do reinado de Sabela II. Tiña fama de bruto, dictatorial e cabezón, son moitas as anécdotas que de él se contan, pero vamos a reseñar tres. Un día  visitouno o embaixador inglés, este  tiña a Narváez polos seus manexos políticos e  os seus contactos con Espartero (inimigo de Narváez), ata os mismísimos. Pois ben, agarrouno polo pescozo e deulle unha patada nos mismísimos do embaixador, botándoo á rúa. O cronista escribe en "salva sea a parte".
Outra vez nun Consello de Ministros que él presidía, un dos ministros dixo que antes de firmar unha determinada disposición cortabase a man dereita. Narváez respondiulle. "Vostede non se cortará ningunha man. Coa dereita firmará a disposición e coa esquerda tocarame vostede os pelendengues"
Pero a anécdota máis famosa ocorreu no seu leito de morte. Cando o capellán que entrou a confesarlle  preguntoulle se perdonaba os seus inimigos, Narváez contestoulle: "Non podo perdoar a ningún porque mateinos a todos"

No hay comentarios:

Publicar un comentario