martes, 28 de febrero de 2012

Curiosidades Sabela II

O outro día comentábavos que moitas veces en clase non temos tempo para falar do carácter  e personalidade dos personaxes históricos. Por exemplo, en clase estudiamos a Sabela II, raiña de España entre 1833 e 1868, filla de Fernando VII, raiña durante a desamortización de Mendizabal e a revolución industrial. Sen embargo, o que non se adoita mencionar é  que a raiña un tanto “fogosa”. Para colmo de males, casaronna os 16 anos con seu primo Francisco de Asís, de máis que dudosa virilidade, e o que odiaba. A mesma Sabela II deixaba claro a súa nai o día da voda:
"He cedido como reina, pero no como mujer. Yo no he buscado a este hombre para que fuese mi marido; me lo han impuesto y no lo quiero".
Ademáis, parece que non había que ser moi agudo para observar a homosexualiadade do seu marido:
¿Qué voy a decirte de un hombre que en la noche de bodas llevaba en su camisa más bordados que yo en la mía?
O pobo chamábao  Paquito Natillas e  dedicaballe versos tan cariñosos como estos:
Paquito Natillas
es de pasta flora
y mea en cuclillas
como las señoras
O parecer o matrimonio non puido consumarse a noite de vodas, aínda que hai que dicir que nesa época era costume que esa noite estivieran presentes uns cantos señores, damas e curas para dar fe da consumación, de modo que a situación tampouco era  moi apropiada.
Cinco meses despois do  casamento, Francisco de Asís abandona a alcoba conxugal e pouco despois deixa o Palacio de Oriente.
Sabeal II tivo once fillos. Parece que só un deles puido ser do seu marido, o resto foron froito dos seus distintos amantes: o marqués de Bedmar, o comandante José Ruiz de Arana, o teniente de inxenieros Enrique Puig Moltó, o escritor Miguel Tenorio de Castilla (3) e outro de pai descoñecido.
Con este historial, non é  de estranar que a Francisco de Asís lle escribiran aquelo de:
Vuestra noble faz empaña
el ñublo del deshonor,
desfaced presto esa niebla,
cortaos los cuernos, señor,
que el mundo entero os señala,
la Europa os llama Cabrón,
y ¡Cabrón! repite el eco,
en todo el pueblo español.
Nos seguintes enlaces podedes escoitar varios fragmentos do programa de Nieves Concostrina  para RNE (Moi recomendable) sobre o reinado de Sabela II: 

Fontes:
Wikipedia: Isabel II de EspañaWikipedia: Francisco de Asís de Borbón
http://iescalam.educa.aragon.es/alumnos2004/anecdota/historia.htm
http://www.ciao.es/Placeres_Reales_Toti_Martinez_de_Lezea__1399058
http://cacerestur.spaces.live.com/blog/cns!96B9003DEC1FEA2!203.entry
http://books.google.es/books?id=6qd4kqf9rAAC&printsec=frontcover&source=gbs_summary_r&cad=0#PPA141,M1

No hay comentarios:

Publicar un comentario