viernes, 2 de marzo de 2012

Curiosidades: Sabela II e Salmerón

A destronada raiña Sabela II vivía en París e necesitaba os servizos dun bo avogado. Pensou nos servicios de Salmerón, que vivía exiliado na cidade do Sena e había sido un dos catro presidentes da República. O ser recibido pola ex raiña Salmerón dixoll: "Señora, son republicano, non serei, pois, o avogado dunha raiña, senón que terei unha clienta española" Isabel II  contestoulle " Que sexa vostede ou non republicano, é cousa que lle atañe a vostede e non a mín; eu chamei o avogado máis eminente e o home máis honrado de España". Salmerón levou a cabo o pleito, ganou e non quixo cobrar minuta algunha. O enterarse disto  Isabel II, enville un retrato seu con marco de prata no que estaban engarzadas perlas e pedras preciosas. Salmerón  quedou co retrato e devolveulle o marco cunha carta de agradecemento. Pouco despois a raiña tivo que contratar a outro avogado; Don Manuel Cortina. Este tamén lle solucionou o caso e como minuta pediulle un retrato seu, pero, acordándose do sucedido con Salmerón, sen xoias. Os poucos días, don Manuel Cortina recibía un retrato de  Isabel II cunha expresiva dedicatoria que terminaba: "... e como ves, sen xoias". E, efectivamente, no retrato aparecía a raiña sen brazaletes, collares, aneis, nin pendientes, absolutamente sen ningunha xoia. (Carlos Fisas)

Fonte: Iescasasviejas

No hay comentarios:

Publicar un comentario