miércoles, 23 de mayo de 2012

Sobre fútbol e identidade nacional

O de pitar –por parte de  catalanistas e por nacionalistas cataláns, vascos e galegos o himno Nacional- non é unha cuestión actual. Ven de moi lonxe....

En 1925, Primo de Rivera pechou o campo do Barça por unha pitada contra o himno nacional. Foi o  14 de xunio de 1925, o Barcelona F.C. xogaba  no seu campo, entón campo das Corts, un partido amistoso contra unha selección da Royal Navy. Antes de comezar o encontro, unha banda británica de música interpretou a Marcha Real, o himno nacional de España.
Os máis de 30.000 afecionados, presentes nas Corts aquela tarde silbaron con forza o himno español, mentras que  ovacionaron o himno do Reino Unido, o God Save The Queen. O gobernador civil de Barcelona era,o xeneral Joaquín Milans del Bosch. O enterarse do sucedido montou en cólera, trasladou a noticia ó Goberno de Primo de Rivera.
En plena dictadura do xeneral Primo de Rivera -avalada e impulsada polo Rei Alfonso XIII- os intensos e numerosos silbidos do campo do Barça provocaron o peche das Corts durante seis meses, aínda que máis tarde a sanción quedou en tres. O presidente e fundador do club blaugrana, Joan Gamper foi “invitado” polo Goberno a que abandonara territorio español. Dito doutro modo, foi enviado ó exilio
 
Fonte: Marca.com,  Elplural.com

sábado, 12 de mayo de 2012

Recomendación literaria

O hispanista irlandés Ian Gibson acaba de obter o Premio de Novela Fernando Lara coa obra La berlina de Prim, unha historia sobre o asesinato do xeneral do mesmo nome. A novela relata a viaxe pola España do siéculo XIX dun periodista irlandés que investiga a morte de Prim.  Seguro que recordades que o xeneral foi asasinado en 1870, pouco despois da chegada do novo rei, Amadeo I, a España. A identidade dos  instigadores do magnicidio foi un  misterio.

foto de la noticia