En 1925, Primo de Rivera pechou o campo do Barça por unha pitada contra o himno nacional. Foi o 14 de xunio de 1925, o Barcelona F.C. xogaba no seu campo, entón campo das Corts, un partido amistoso contra unha selección da Royal Navy. Antes de comezar o encontro, unha banda británica de música interpretou a Marcha Real, o himno nacional de España.
Os máis de 30.000 afecionados, presentes nas Corts aquela tarde silbaron con forza o himno español, mentras que ovacionaron o himno do Reino Unido, o God Save The Queen. O gobernador civil de Barcelona era,o xeneral Joaquín Milans del Bosch. O enterarse do sucedido montou en cólera, trasladou a noticia ó Goberno de Primo de Rivera.
En plena dictadura do xeneral Primo de Rivera -avalada e impulsada polo Rei Alfonso XIII- os intensos e numerosos silbidos do campo do Barça provocaron o peche das Corts durante seis meses, aínda que máis tarde a sanción quedou en tres. O presidente e fundador do club blaugrana, Joan Gamper foi “invitado” polo Goberno a que abandonara territorio español. Dito doutro modo, foi enviado ó exilio
Fonte: Marca.com, Elplural.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario