Mostrando entradas con la etiqueta Primo de Rivera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primo de Rivera. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de mayo de 2012

Sobre fútbol e identidade nacional

O de pitar –por parte de  catalanistas e por nacionalistas cataláns, vascos e galegos o himno Nacional- non é unha cuestión actual. Ven de moi lonxe....

En 1925, Primo de Rivera pechou o campo do Barça por unha pitada contra o himno nacional. Foi o  14 de xunio de 1925, o Barcelona F.C. xogaba  no seu campo, entón campo das Corts, un partido amistoso contra unha selección da Royal Navy. Antes de comezar o encontro, unha banda británica de música interpretou a Marcha Real, o himno nacional de España.
Os máis de 30.000 afecionados, presentes nas Corts aquela tarde silbaron con forza o himno español, mentras que  ovacionaron o himno do Reino Unido, o God Save The Queen. O gobernador civil de Barcelona era,o xeneral Joaquín Milans del Bosch. O enterarse do sucedido montou en cólera, trasladou a noticia ó Goberno de Primo de Rivera.
En plena dictadura do xeneral Primo de Rivera -avalada e impulsada polo Rei Alfonso XIII- os intensos e numerosos silbidos do campo do Barça provocaron o peche das Corts durante seis meses, aínda que máis tarde a sanción quedou en tres. O presidente e fundador do club blaugrana, Joan Gamper foi “invitado” polo Goberno a que abandonara territorio español. Dito doutro modo, foi enviado ó exilio
 
Fonte: Marca.com,  Elplural.com